RSS 2.0| ATOM 0.3
  • Principal
  • Galería
  • Zona socios acceso restrinxido a socios
  • ¿Qué é AGPI?
  • Blog
  • Foro acceso restrinxido a socios
  • Contacto
  •  

    Novo libro ilustrado por Carmen Ferrín

    28 de Abril de 2008

    Xa está á venta o libro Os amores de Bruno-do autor Antón Cortizas Amado-, ilustrado pola nosa socia Carmen Ferrín. É un libro de Planeta & Oxford, pertencente á colección Camaleón Laranxa (a partir de 9 anos).
    Trátase dun conto de aventuras e realidade social, no que se fala de amizade,a discriminación, soños,problemas …dende a visión do protagonista, un neno chamado Bruno. As ilustracións transmiten mediante a cor verde e as texturas, a expresividade das historias, nas que só queda a esperanza dos humanos do futuro, que son os nen@s do presente.


    Os Megatoxos e a espada esmeralda

    28 de Abril de 2008

    O noso socio Anxo Fariña ven de publicar a segunda entrega do libro os Megatoxos na que volve a traballar como escritor e ilustrador. Esta nova novela xuvenil promete máis aventuras e acción.
    Pódese descargar un dos primeiros capítulos de balde na rede neste link:

    Máis información en anosaterra.org e na propia web dos megatoxos:


    Presentación de “Aventuras de Cacauequi” e “O Castelo Regadeira”

    23 de Abril de 2008

    Este próximo sábado, 26 de Abril tenemos una doble cita en A Coruña. A las 19.30 en la sala Fnac, Norberto y Jacobo Fernández presentan sus trabajos “O Castelo Regadeira” y “Aventuras de Cacauequi” respectivamente.
    La obra de Jacobo ha sido galardonada con el premio Castelao de Banda Deseñada 2007, y la trayectoria de Norberto es ampliamente conocida por su trabajo en la revista Golfiño, con lo que la cita es imprescindible.


    Premios Salón del Comic

    22 de Abril de 2008

    En AGPI estamos de enhorabuena, ya que entre los premiados en la 26ª edición del Salón del Cómic de Barcelona hay mucha presencia de la BD Gallega, y en concreto muchos de nuestros socios han recibido premios, o han estado relacionados con proyectos premiados.
    Respecto a los premios de la crítica, merece ser destacado el “Fanzine Enfermo”, co-dirigido por Alberto Vázquez, y que cuenta con trabajos entre otros, del propio Alberto, Brais Rodriguez, Jano , Miguel Porto o David Rubín y que ha recibido el premio al mejor fanzine. “El Manglar”donde se puede leer a Miguel Porto, por otra parte, ha sido reconocida como la mejor revista.

    En cuanto a los premios conseguidos mediante la votación del público, tenemos a nuestros socios Alberto Vázquez, y Toni Seijas, que han recibido el premio en las votaciones populares al mejor dibujo por su “Evangelio de Judas” y al mejor guión por “Un hombre Feliz”, respectivamente; así como Retranca ha recibido el premio del público a la mejor revista.
    Enhorabuena a todos.
    Más información en la web oficial del Salón, de donde hemos extraido la foto de familia de los premiados


    Pinto en “Sueños en Papel”

    22 de Abril de 2008

    O noso socio David Pintor foi seleccionado para a mostra internacional de ilustradores “Sueños en papel “. As ilustracions seleccionadas éstaran expostas no museo Zapopan de Mexico a partires do 29 de abril de 2008.
    Parabens!


    HOY SE INAUGURA EL SALÓN DEL COMIC DE BARCELONA

    17 de Abril de 2008

    Hoy abre las puertas el Salón del Cómic de Barcelona y la representación gallega tiene un gran peso en esta 26ª edición. Recordemos que además de las exposiciones de Miguelanxo Prado, de David Rubín y del colectivo Polaquia; además de las nominaciones de Alberto Vázquez y de otros proyectos donde andan involucrados otros socios como Jacobo Fernández, Emma Ríos, y Miguel Porto; de la presentación de publicaciones como Las aventuras de Cacahuequi, y nuevas entregas de Barsowia y de Retranca; queremos reseñar que muchos de nuestros autores, además de los citados, estarán allí, en un stand dedicado exclusivamente a la BD Galega.
    Así que si estais por allí, no dudeis en pasaros por el stand a saludar a nuestros autores que estarán encantados de charlar un rato con vosotros.


    PRESENTACIÓN DE UN NOVO LIBRO ILUSTRADO POR SANTY GUTIERREZ

    16 de Abril de 2008

    O Consello da Cultura Galega presenta o novo libro do científico Xurxo Mariño (Lugo, 1969). A presentación se levará a cabo o vernes día 18 ás 11:30h. no salón noble do instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e contará coa presencia dos seus autores. “Os dados do reloxeiro: pó de estrelas” é un libro divulgativo que recolle unha escolma das columnas quincenais sobre ciencia ye tecnoloxía que Xurxo publica dende 2002 en Culturagalega.org e que nesta ocasión foi ilustrado coas viñetas de humor de Santy Gutiérrez.


    PRESÉNTASE O BARSOWIA nº11: MÁIS PÁXINAS, MÁIS AUTORES, MÁIS DE TODO

    14 de Abril de 2008

    Barsowia alcanza co seu número 11 un novo récord de páxinas, até alcanzar o centenar. A revista que publica cómics de máis autores galegos do mundo mundial presenta novas asinaturas, tanto autóctonas como foráneas. Á parte dun pleno dos doce membros do colectivo Polaqia, dáselle unha especial benvida a novos contribuíntes:

    - Miquel Rof, debuxante barcelonés, é responsable da revista electrónica “L’Etapa Groga” (A Etapa Amarela), que xa leva dez números e o ano pasado foi finalista dos Premios Junceda da FAD e da APIC.
    - Ana Galvañ é unha artista murciana que traballa en Madrid no eido do deseño e publicidade.
    - Luís Bustos é un autor madrileño que ven de sacar o seu último álbum “Zorgo” na editorial Dibbuks, foi colaborador da revista “Míster K” de El Jueves.
    - Malota é o nome artístico da ilustradora Mar Hernández.
    - Xurxo Penalta é un debuxante coruñés licenciado en Belas Artes, e Master en Estudos Visuais pola Minneapolis College of Art and Design, EEUU.
    - Jorge García é o guionista das novelas gráficas “Cuerda de presas” e “Hacerse nadie”, ademais colabora para “El Manglar” e “BD Banda”.
    - Sagar Forniés é o debuxante do álbum “Bajo la piel”, editado por Astiberri. É colaborador da revista Humo e profesor da escola JOSO.
    - Richard Câmara é un artista portugués, nado en Bruxelas e afincado actualmente en Madrid, que colabora entre outros en “Argh”.
    - David Soares, guionista luso, é coautor do álbum “Mr. Burroughs”.

    É un verdadeiro luxo contar con todos eles e recibir outra volta aos magníficos colaboradores: Paulo Monteiro (”Venham+5″), Mario Feal (”Mondo Brutto”), Manel Cráneo (”Dámsmitt”), Susa Monteiro (”Rodapé”), Esteban Hernández (”Usted”), Michael Bonfiglio (”Top Shelf: Under the big top”).

    Listado alfabético completo de autores do Barsowia nº11:
    Kike Benlloch, Bernal, Diego Blanco, Michael Bonfiglio, Luís Bustos, Richard Câmara, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Manel Cráneo, José Domingo, Mario Feal, Sagar Forniés , Ana Galvañ, Jorge García, Esteban Hernández, Álvaro López, Malota, Paulo Monteiro, Susa Monteiro, Xurxo Penalta, Emma Ríos, Brais Rodríguez, Miquel Rof, Roque Romero, David Rubín, Luís Sendón, David Soares


    TALLERES DE ILUSTRACIÓN NA BIBLIOTECA CENTRAL DE CAMBRE

    14 de Abril de 2008

    Nos informa nuestro socio Manel Cráneo que durante todo o mes de Abril, a Biblioteca Central de Cambre organiza un ano máis un dos programas máis ambiciosos de talleres para nenos dos que se veñen realizando en Galicia. A Biblioteca Central completa esta actividade anual no mes dos libros cunha exposición de ilustración. Este ano a exposición seleccionada é A FRAGA ILUSTRADA, organizada pola AGPI en colaboración coa deputación da Coruña, Concello de Cambre e Fundación Wenceslao Fernández Flórez, na que participan 23 ilustradores homenaxeando ao libro O bosque animado.

    A propia biblioteca seleccionou a Emma Ríos, Manel Cráneo, Óscar Villán, Sekone, David Pintor, Noemí López, Susos Cubeiro, Óscar Villán, Luís Sendón, Manolo Uhía, Patricia Castelao e Xan López Domínguez para impartir talleres de iniciación á banda deseñada, ilustración e grafitti.

    Esta intensa actividade terá o seu peche o día 30 de abril cun encontro có escritor Xabier Docampo. A Biblioteca Central de Cambre é unha das máis activas de Galicia organizando este tipo de actividades e xa recibiu máis dun premio polo seu traballo de dinamización da lectura e promoción do libro infantil e xuvenil.

    Máis información e o programa están dispoñibles aquí.


    OS ÁRIDOS: BANDA DESEÑADA DIVULGATIVA DEBUXADA POR MANEL CRÁNEO

    10 de Abril de 2008

    Recentemente presentouse en Santiago o album de banda deseñada Os Áridos, promovido pola Asociación Galega de Áridos e debuxado por Manel Cráneo sobre un guión de Consuelo Chaves.
    A obra ten unha tiraxe inicial de 10.000 exemplares e está enmarcada dentro dunha campaña promocional que pretende achegar aos máis novos ao universo das canteiras e ofrecer unha imaxe deste sector profesional e do seu respeto ao entorno no que se desarrolla.
    O cómic está protagonizado por Lagartiño, un pequeno dumper que vai acompañado doutro camión máis vello durante o seu primeiro día de traballo na canteira có obxectivo de aprender os pormenores do seu traballo.

    Maís información:
    -El correo gallego
    -Entrecomics
    -Culturagalega 1 y 2